09 agosto 2026
Meaba (Toén-Ourense).
25 xuño 2026
Inxenios Galegos Antigos
10 abril 2026
Toponimia VARIA
24 febreiro 2026
MUGARES
No primeiro rexistro que encontramos aparece o topónimo como “Mogares” (952) no Tombo de Celanova, en documento relativo á ubicación dun lugar “inter Sancto Vincentio et Mogares quos vocitant Cesuras…”Posteriormente aparece citado no ano 1241 nun pergameo do Mosteiro de Oseira como “Mugares” (“... Petrus Iohannis rector ecclesie de Mugares…” ) e 13 citas documentais máis.
A variación vocálica resulta normal no galego: peche de vogal media.
Posteriormente aparece un xentilicio que presenta diferentes formas. A máis antiga, Monago “Guntino Monago” (ano 998), Moogo citado 50 veces acompañando a distintos nomes Oveco Moogo ata… Sancius Moogo, desde1117 (S. XII e XIII). Pelagio Moago (documento da catedral de Ourense,1208), xentilicio Mogo nomeado 4 veces desde 1245.(Domenicus Petri, dictus Mogo (Moço), en1122. Este apelido segue ata hoxendía como no caso de José Antonio Monago (1966) e outros.
Neste último bloque cremos que veñen a derivar da forma latina“monachus”, con significado de monxe ou pertencente ao/s monxe/s. Nome que foi experimentando transformacións ao longo do tempo, como imos recollendo nas anteriores citas documentais.
Chegados a este punto, vemos unha crara interferencia entre estas dúas familias léxicas, que nos dificulta a procura do seu significado orixinal. Polo que seguimos na busca de topónimos que presentan paralelismo cos anteriores:
Mogor (Marín), O Mogor de Fóra e O Mogor de Terra (Valdoviño), Mugardos (Narón), Mogadouro (Portugal), Mogán (Gran Canaria), Muga de Sayago (Zamora).Isla de Mogador (Marruecos), Mogoro (Cerdeña).Como topónimos tal vez relacionados podemos citar tamén "Magoira" en Cedeira, e hai un "Penamacor" (tamén transcrito na Idade Media como "Penamocor"). Outros aparentemente relacionados, tanto no significante como no significado, serían os topónimos "Os Mogotes da Gabeira", en Cedeira e en "Os Mogotes dos Aguillós", en Cariño, que corresponden a pequenos cantís costeiros ou illotes. Tamén os mogotes de Viñales (Cuba), non resulta descartable que lle chamasen “rochas de monxe”, metafóricamente, pola súa forma.
Neste sentido, o profesor Higinio Martíns, no seu libro “As tribos calaicas” fala dun “Manhom” procedente do grego ou indoeuropeo “moukho” con significado de monte, fito, linde, e nalgúns dos devanditos casos, estaría relacionado con detalles orográficos, como lugar alto ou cantil rochoso. E Fernando Cabeza Quiles, no seu libro “Toponimia celta de Galicia” retoma a idea anterior, que nós compartimos como a hipótese que máis se axusta á meirande parte dos topónimos sinalados..
Pero non sería descartable, que Mugares, como o resto da contorna e terras do Ribeiro, fosen terras ocupadas e transmitidas en doazóns ou como moeda de cambio entre particulares, pequenos mosteiros e posteriormente as grandes ordes monásticas. A forma de plural neste caso resúltanos de moita importancia monachus >monachicus>Monacales>Monagales>Mogares>Mugares.
Como colofón apuntamos este curioso fragmento, que recollemos na Wiki: “A través da documentación medieval do tombo do mosteiro de Celanova sábese da existencia do mosteiro de Santa Uxía, cara ao Porto dos Abades, e do mosteiro de San Vicente, fundado como mosteiro particular polo converso Esgas e doado polo seu pai Fafila a San Rosendo no ano 952 xunto con varios lugares como Mugares e diversas terras”.
BIBLIOGRAFIA:
Nomenclator Galicia
CODOLGA
Wikipedia.
Dolores González… https://arqueotoponimia.blogspot.com
“As Tribos galaicas”, Higinio Martíns
Xosé González... https://penadacataverna.blogspot.com
Foto da Wikipedia.
25 xaneiro 2026
Pedras curiosas.
23 xaneiro 2026
XEI. PATRIMONIO EN PERIGO.
XEI. NOIA.
Xei, sería un antropónimo, ao estilo ou posiblemente variante de Xes. Seguiría o modelo de Xoán, Xiao, etc. Polo que consideramos que foi o nome dun antigo propietario, deste muíño e instalacións en ruinas que permanecn neste lugar, sito á beira do río Traba. Encontramos un paralelismo “ O Souto de Xei” nunha relación de microtopónimos de Dodro ©.
Como moitos muíños, quedaría abandonado, ao chegar o uso xeneralizado da enerxía eléctrica.
BIBLIGRAFÍA:
Manuel Lorenzo Baleirón. “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga”.
FotoS de Xilgaro Soutariz e "Galicia Máxica.Eu".
19 xuño 2025
Suar (Paradela)
Os primeiros documentos dos que dispoñemos fan referencia ao nome Soar (14 documentos de 1100 a 1268). Mentras a forma Suar so aparece documentada en 1249. A forma primixenia solarem<soar<suar foi evoluindo ata a actual por procesos fonéticos suficientemente estudados.
A seguinte pregunta e cál foi a motivación da escolla do topónimo? Supoñemos que, ao inicio, no lugar habería un solar, lugar fundado por un persoeiro nobre ou ben coñecido que tenía unha xurisdiccion coas súas leis, costumes e respectivos foros. Sistema institucionalizado no medioevo.
Consultado o Nomenclator, vemos que, ademáis da devandita parroquia de Paradela, tamén existe outro homónimo dun lugar en Antas de Ulla. Últimamente tamén localizamos un lugar en Moraña de nome Soar. Son tamén da mesma familia léxica os xentilicios Soares, que conserva o étimo primigenio, Suárez, Sueiro e a sua variante medieval Sueyro. Suario tamén tería que ver neste feixe de nomes, pero queda para outra quenda.
Bibliografía:
Codolga.
Du Cange.
Joaquim de Santa Rosa de Viterbo "Elucidario das palavras".
Antonio de Moráis Silva "Dicionario da Lingua Portugueza".
Dolores González de la Peña. "Arqueotoponimia".
Fotografía das RRSS.
12 maio 2025
Corexido. A Veiga (OU)
Cál sería o causante deste topónimo? Poderia ser un lugar caracterizado pola abundancia dese tipo de aves? Ou por ser un lugar afastado, agachado por quedar oculto polo relevo ou vexetación. Ou quizáis por ser de acceso difícil. Acéptanse suxestións.
BIBLIOGRAFÍA:
Nomeclator de Galicia.
Codolga.
Google.
Google Lens.
Celtiberia.net.
Concello de Vigo. "Toponimia de Valadares".
(Fotografía de "Xentedeaveiga").
16 febreiro 2025
VALDÍN (O BOLO).
*(Villam) *Baltarii, de Baltarius. Nome de posesor dunha *villa Baltarii, antiga granxa agrÍcola-gandeira dun propietario chamado Baltarius.
Este antropónimo, de orixe xermánica, aparece documentado desde a Alta Idale Media, “Balterius comes” (ano 572) nun pergameo de Braga. Tamén se rexistra no S. VIII coa forma Baltarius (714, Tombo de Caaveiro) e coa forma Balterio no século IX (Dip Astur). Asimesmo no ano 883, no cartulario de Arouca, tamén se recolle coa forma Balterio “in Dei nomine ego Balterio et uxor mea nomine Ogenia”. Desde o século XI aparece, a partir do xenitivo, o seu uso toponímico (1059, “uilla Baltar, Cartulario de Guimaraes), (1022, “Sancti Felicis de Baltar”, Tombo de Lourenzá).
Deste nome tamén derivará o topónimo Baltar, espallado por territorio da antiga Gallaecia. Dous en Galicia e cinco en Portugal.
BIBLIOGRAFÍA:
“Toponimia Gallega de Origen AntroponÍmico” Celtiberia.net.
Asociación Galega de Onomástica
“El asturiano-leonés: aspectos linguísticos, sociolinguísticos y legislación”. Héctor García Gil.
TopGalPor
CODOLGA
Fotografía de José Fernández Pérez.
11 febreiro 2025
VALDEORRAS BALEIRADA
ICEDO
Icedo estaría na contorna de Pumares(Carballeda de Valdeorras). Este lugar nacería no Medievo pola documentación que manexamos. Trala Reconquista, seguramente se establecería alí unha pequena explotación agropecuaria. Sabemos que estaba próxima a Pumares, en Terras de Valdeorras pero descoñecemos en qué época e cáles foron as causas polas que desapareceu. Xa non aparece no Catastro de Ensenada (1749) nin no diccionario Madoz (1845).
O topónimo deriva da raíz latina ilice(m) máis o sufixo abundancial –etum que daría ilicetum, que vén a significar “lugar non que abundan as aciñeiras”. Podería seguir este proceso Ilicetum> iezedo>iizedo>Izedo.
Por primeira vez aparece en idioma leonés occidental no Tumbo Vello de San Pedro de Montes (1271).
Como paralelismos, consérvase o topónimo Izeda, na veciña Bragança, en Portugal. E tamén existiu outro lugar co mesmo nome , en Burgos , hoxendía despoboado, .
Como remate, cómpre comentar que existe o xentilicio Icedo. Quedan poucos en territorio español e a maioría en Norte América (México).
BIBLIOGRAFÍA:
José Luis Pensado “El léxico Hispánico Occidental en el Tumbo Viejo de San Pedro de Montes”.
Wikipedia. “Cabrera (León)”.
Lexilogos.
Ana María Cano González “Nomes de Llugar en Somiedu (Fitotoponimia)”.
Ricardo Ciérbede y Emiliana Ramos “Los cartularios de Valpuerta...”
Foto de “Valdeorras de cerca”.
04 febreiro 2025
ICEDO OU IZEDO (CARBALLEDA DE VALDEORRAS).
ICEDO.
Este lugar nacería no Medievo pola documentación que manexamos. Trala Reconquista, seguramente se establecería alí unha pequena explotación agropecuaria. Sabemos que estaba próxima a Pumares, en Terras de Valdeorras pero descoñecemos en qué época e cáles foron as causas polas que desapareceu. Xa non aparece no Catastro de Ensenada (1749) nin no diccionario Madoz (1845).
O topónimo deriva da raíz latina ilice(m) máis o sufixo abundancial –etum que daría ilicetum, que vén a significar “lugar non que abundan as aciñeiras”. Podería seguir este proceso Ilicetum> iezedo>iizedo>Izedo.
Por primeira vez aparece en idioma leonés occidental no Tumbo Vello de San Pedro de Montes (1271).
Como paralelismos, consérvase o topónimo Izeda, na veciña Bragança, en Portugal. E tamén existiu outro lugar co mesmo nome , en Burgos , hoxendía despoboado, .
Como remate, cómpre comentar que existe o xentilicio Icedo. Quedan poucos en territorio español e a maioría en Norte América (México).
BIBLIOGRAFÍA:
José Luis Pensado “El léxico Hispánico Occidental en el Tumbo Viejo de San Pedro de Montes”.
Wikipedia. “Cabrera (León)”.
Lexilogos.
Ana María Cano González “Nomes de Llugar en Somiedu (Fitotoponimia)”.
Ricardo Ciérbede y Emiliana Ramos “Los cartularios de Valpuerta...”
Foto de “Valdeorras de cerca”.
03 febreiro 2025
TOPÓNIMOS CURIOSOS (DE DIFÍCIL INTERPRETACIÓN).
CACHARREQUILLE (MONTEDERRAMO).
Topónimo compuesto por Cacha+Requille.
O primeiro termo cacha/escacha, aparece recollido co significado de “romper a terra, comezar a cultivala”. Esta práctica altomedieval, de ocupación de terreos incultos, que recibía o nome de escalido/squalido sería a base para a formación da palabra escachar, tan estendida no territorio galego-portugués. Podría derivar del latín “Scalpo-scalpere”, con significado de “rascar, raspar, escarbar”, segundo Cicerón.
Tocante o segundo nome, parece documentado “Valderriquia”, en 1258, asimesmo nas terras de Montederramo. Derivado, na súa forma de acusativo, do nome xermánico Riquila/Riquilda, daquela nome moi estendido. Sendo amén nome de reis, raíñas e princesas.
Aparecen de cote esas cavadas ou arroteas, e as súas variantes, acompañadas dun referente, que soe ser o nome do propietario ou outro elemento físico próximo, como Cachalvite (arrotea de Alvitus), Cachaldora (arrotea de Alduara), Cachamaría, Cachamuíña, etc.
BIBLIOGRAFÍA:
Wikipedia.
Lexilogos Latín
Diccionario Estraviz
Celtiberia.net
Arqueotoponimia.blogspot.com. Dolores González.
“El artificio de as etimologías; elementos constitutivos de toponimia galega”. Ana Boullón.
“Fitoponimia Galega”. Gonzalo Navaza.
ARDEXARXE (VIANA DO BOLO).
Ardexarxe (Viana do Bolo).
Gonzalo Navaza considera a primera parte deste topónimo como un caso de rotacismo, alteración ou cambio de algún fonema. Continuando coa sua teoría, debería seguir a estructura As+de+sustantivo. Polo tanto viria a ser As de Xarxes.
O segundo termo para nos sería unha forma do fitotopónimo xarxa ou sarxa. Pranta medicinal, presente en calquera botica medieval, que correspondería a chamada "salvia officianalis".
Todo o conxunto viria a significar "As das xarxas". Temos outros referentes similares en Ardexuxo, Ardevila.
Como nota, apuntamos que esta palabra xarxa tamén aparece en portugués e catalán co significado de rede. Polo que poderia significar "As das redes".
BIBLIOGRAFIA
Wikipedia.
Diccionario RAG e Estraviz.
Diccionario Portugués.
Xose Manuel Sánchez Rei. "Os nomes de lugar e dialectoloxía..."
22 decembro 2024
Sabrosa. Vila Real.
06 agosto 2024
RAIRIZ DE VEIGA E LUGARES.
SAINZA, A. Orónimo.
Planitia (del latín “planus-a-um”). Planitia<chainza<sainza, con significado de terra chá. Esta é a última hipótese, que acae moi ben á topografía deste lugar, segundo os profesores Gonzalo Navaza e Elixio Rivas.
Avanzando na anterior hipótese de Piel que vencellaba o topónimo co termo latino “salix-ices, sobre a forma salice, co significado de lugar abondoso en salgueiros. Difícil de xustificar.
BIBLIOGRAFÍA:
Diccionario Latín.
Real Academia Galega.
Blog Mundo R.
“Toponimia do Concello de Navia de Suarna”. Colectivo Patrimonio dos Ancares.
XUXÁ. Orónimo.
Esta forma e derivados veñen do latín “deorsum” con significado de “abaixo, cara abaixo”.
Non aparece recollida ningunha das súas formas en documentos pero lémbranos aquelas formas de Suso e Yuso, referidas aos mosteiros de San Millán de la Cogolla, en La Rioja. Temos como referentes Jusá de Neira, nome medieval que recibían parte das terras do actual concello de Baralla e Hermedesuxo en Fisterra. Todos relacionados cunha orografía especial no territorio que ocupan.
BIBLIOGRAFÍA:
Diccionario latín.
Nomenclator de Galicia.
web documentaciónmontegalego.xunta.gal/
Fotografía de Bruno Rúa.
(Grazas á colaboración impagable do noso amigo Caperluso Carvoeira).
01 agosto 2024
MONDÓN, MARABILLA NATURAL.
MONDÓN
Mondón é un pequeno lugar abandonado do concello do Bolo, perto do encoro de Santa Olalla. Aínda hoxe pódense ver as súas casas en ruinas e os restos do seu balneario. Pero parece que a súa orixe está vencellada a unha antiga ferrería, que, con anterioridade, se construiu para a producción de cobre, que aparece documentada no S. XIX. Así que imos darlle unhas voltas ao seu topónimo, sen rexeitar outras hipóteses posibles á que proponemos a continuación.
MONDÓN. Orónimo.
Segundo o profesor Edelmiro Bascuas existe unha raíz celta-galaica MIND-, que se correspondería coa raíz indoeuropea MEN, con significado de “elevación, monte”. Variantes de MIND-, como MOND-, MUND-, por contacto cunha consonante labial provocaría estas variacións vogálicas.
Seguindo a vía oronímica temos outro El Mondón, que aparece como unha pequena elevación natural nos Monegros (Alto Aragón) de 328 m de altitude sobre o nivel do mar. Tamén Mondoñedo, a antiga sede de San Martiño, actual parroquia de Foz, encóntrase nun alto. E O Mundil, en Cartelle. Mondim de Basto, en Portugal, tamén presenta ese tipo de orografía. Por último, contamos con varios Mondelo, espallados por Galicia, que teñen a mesma raíz. E poderían ter un significado parecido. Habería que ver caso por caso.
BIBLIOGRAFÍA:
“Blog de Prada” https://pradaweb.blogspot.com/
“El Balneario de Mondón” https://www.albergueria.es/bmondon.htm
“Toponimia galego-portuguesa e brasileira”… https://toponimialusitana.blogspot.com/
Toponimia de Galicia… https://toponimia.xunta.gal/es/video/mondonedo
“El yacimiento de El Mondón”… https://proyectomonegros.com/mondon/
Somos Comarca… https://www.somoscomarca.es/articulo/obolo/
Blogue “Rebumbio, Remoído, Peneirado”… https://remoido.blogspot.com/
“Los fenómenos de homonimia y homofonía…” Joaquín Caridad Arias.
23 maio 2024
XINZO DE LIMIA E OS SEUS RECANTOS.
XINZO DE LIMIA
SOLVEIRA. (Fitotopónimo).
Deriva do latín "sorbus" ou "sorbum". De aquí pasou ao latín vulgar como "sorbaria". Aparecendo recollida a forma "sorbas" por un botánico hispanoárabe do seculo XII/XIII. Hoxendía está recollido no Estraviz coa forma sorva/sorveira. Mentres que no RAG xa non aparece. Dependiendo do étimo, vén a significar lugar onde abundan/abundaban as sorvas ou sorveiras. Difícil xa precisar o tipo de "sorbus", doméstica, aucuparia ou outro tipo do xénero sorbus.
Tamén se conserva este topónimo en Paderne de Allariz (OU). E noutros lugares de España con nomes similares Sorbas, en Albacete e Almería. Sorbeda e Sorbeira, en León, este último nos Ancares.
BIBLIOGRAFÍA:
Lexilogos.
Du Cange.
CODOLGA.
Diccionarios Infopedia, Estraviz e RAG.
"Toponimia de la Sierra de Baza", de Amador Díaz García e Manuel Gómez Lorente.
Fotos da Wikipedia.
BARONZÁS. (Antropónimo).
Varias persoas de nome “Baronza” aparecen citados en distintos documentos no Tombo de Celanova, desde o ano 946 ao 1128. Os profesores Piel e Kremmer constatan este nome como xermánico.
Posteriormente, en 1165 xa aparece no devandito tombo o topónimo “Barunzanes” como un lugar de residencia. Polo que deducimos que o topónimo deriva de (villa) Baronzanis, en relación a un antigo posesor desas terras, de orixe xermánica.
O cambio de sufixo a Baronzás segue os mesmos criterios dialectais ca outros da área lingüística, como Currás, Madarnás, Xurenzás...
BIBLIOGRAFÍA:
CODOLGA.
Celtiberia.net
Wikipedia.org/
Fotografía de Bruno Rúa.
Punto de partida: “Laragia” aparece citada por primeira vez no ano 1046 no Tombo de Celanova “monasterii sancti Petri de Laragia (…) in territorio Limie (…) discurrente rivulo Laragiola”. Moitas veces máis noutros documentos deste tombo e do de Caaveiro, onde aparece citada outra “Laragia”(“Laraje”, nalgún caso) acompañadas dos adxectivos “Vella”, nuns casos e “Vetula”, noutros, referidos ao actual lugar de Laraxe (Pontedeume).
Procedencia: pode derivar do étimo celta *(p)lara- con significado de chan, chaira, planicie. Como os topónimos Laracha, Laraxe, Laraño, Laranga, Laredo (CA)...
Por último, consideramos que Laroá derivaría de Laragiola, o nome do río, que tomou a forma do diminutivo. Éstas localízanse na zona oriental de Galicia, incluida Asturias e terras de Tras-Os-Montes, como Grixoá, Leiroá, Raxoá, Cabezoá...
BIBLIOGRAFÍA:
CODOLGA
Celtiberia.net
Fotografía de Bruno Rúa.
















