Hoxe descubrimos que este pequeno lugar existe e está en terras de Valdeorras. E xa se nos espertaron as gañas de coñecer algo máis. . Pertence ao concello de Carballeda, considerado "capital da pizarra". E tan só conta con 4 habitantes. Esta vén sendo a triste realidade da "Galicia baleirada".
Pero sigamos polo eido toponímico. Moitas veces a homonimia nos leva a conclusións erróneas. Así que tirando dos medios de consulta que temos á nosa man, chegamos a concluir que o devandito topónimo é de procedencia xermánica. Quizais unha (Villam) Recosindi ou de Recesindus, nome documentado en numerosas ocasións dende o S. VIII en adiante. Nome do patrón ou propietario medieval que fundou ou dirixiu este predio.
Bibliografia:
Celtiberia.net "Toponimia gallega de origen antroponímico".
CODOLGA
(Fotografía de Promecom).