10 abril 2026

Toponimia VARIA

TOPONIMIA VARIA.
Esta sección dedicaremola a consultas ou preguntas que nos fan nas RRSS. 

PONTE D'ALOTE. 

Información que se nos facilita.
"Alote ou Alota? Pequeno lugar, perto dunha corga onde ha unha ponte. Dai que en tempos antigos se chamasse “Ponte d'Alote". Había aquí uma quinta. E um lugar da fregresia de Sao Paio,  concelho de Melgaco. Conheco registos docimentais com pequenas variacoes da grafía tais como “Alota" ou "Lotta". 

A partir destes datos, comezamos a nosa pescuda. Empezamos a considerar A Lota, un desajuste orixinado por un falso artigo. Isto nos leva a unha lonxa,  lugar onde se subasta o peixe. Ou a forma de vender ese peixe a ollo ou  "a lote pechado". Ou ao nome dun peixe de rio chamado comúnmente así ou burbota (IA).

Achegandonos despois ao CODOLGA, non encontramos ningunha referencia documental, obvio. Polo que recurrimos ao Du Cange e a forma "Alota" responde de forma afirmativa en documento (1883-1887), derivandoa da forma "aluta". Forma latina primitiva recollida nos diccionarios de latin. Forma adxectiva na que se sobreentende "pellis" ( verosimilmente de alumen=alumbre). Que ven tendo  o significado de "de pel tratada, de coiro curtido" (específicamente coiro de alume, alumen). Du Cange tamén recolle as formas "alutarium" (lugar onde se traballa o coiro) e alutarius (artesan que traballa o coiro, badaneiro). En castelán e outras linguas romances relacionarse coas formas "aluda" (aragonés), "luda" (catalán ), "alue" (francés).
Chegados a este punto, temos que considerar que o termo "alote" vai asociado a este tipo de pontes, ao ser  feitas con cordas grosas trenzadas con fibras vexetais e/ou coiro para crear unha ponte colgante, para o paso de peons e  pequenos animais domésticos. Historicamente, mesturabanse materiais locais como cordas de fibra vexetal, lianas trenzadas e, en climas mais fríos, tiras de pel ou coiro cru para aumentar a sua resistencia e durabilidade. Este tipo de pontes, tamén chamadas colgantes ou de corda, eran cruciais en terreos de difícil acceso, onde non podían chegar vehículos de rodas ou cabalerias. Ou resultaba a forma máis tradicional e económica para salvar unha corga ou outro accidente orografico menor. E como mostrar un botón: segue a ponte resistindo ai como marca de identidad (anque xa adaptado aos tempos modernos). 

Ningún comentario: