Amosando publicacións coa etiqueta Toponimia en Perigo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Toponimia en Perigo. Amosar todas as publicacións

04 febreiro 2025

ICEDO OU IZEDO (CARBALLEDA DE VALDEORRAS).

 ICEDO.

 


Este lugar nacería no Medievo pola documentación que manexamos. Trala Reconquista, seguramente se establecería alí unha pequena explotación agropecuaria. Sabemos que estaba próxima a Pumares, en Terras de Valdeorras pero descoñecemos en qué época e cáles foron as causas polas que desapareceu. Xa non aparece no Catastro de Ensenada (1749) nin no diccionario Madoz (1845).

O topónimo deriva da raíz latina ilice(m) máis o sufixo abundancial –etum que daría ilicetum, que vén a significar “lugar non que abundan as aciñeiras”. Podería seguir este proceso Ilicetum> iezedo>iizedo>Izedo.

Por primeira vez aparece en idioma leonés occidental no Tumbo Vello de San Pedro de Montes (1271).

Como paralelismos, consérvase o topónimo Izeda, na veciña Bragança, en Portugal. E tamén existiu outro lugar co mesmo nome , en Burgos , hoxendía despoboado,  . 

Como remate, cómpre comentar que existe o xentilicio Icedo. Quedan poucos en territorio español e a maioría en Norte América (México).


BIBLIOGRAFÍA:

José Luis Pensado “El léxico Hispánico Occidental en el Tumbo Viejo de San Pedro de Montes”.

Wikipedia. “Cabrera (León)”.

Lexilogos.

Ana María Cano González “Nomes de Llugar en Somiedu (Fitotoponimia)”.

Ricardo Ciérbede y Emiliana Ramos Los cartularios de Valpuerta...”

Foto de “Valdeorras de cerca”.


01 agosto 2024

MONDÓN, MARABILLA NATURAL.

 MONDÓN


ANTIGA FERRERÍA


Mondón é un pequeno lugar abandonado do concello do Bolo, perto do encoro de Santa Olalla. Aínda hoxe pódense ver as súas casas en ruinas e os restos do seu balneario. Pero parece que a súa orixe está vencellada a unha antiga ferrería, que, con anterioridade, se construiu para a producción de cobre, que aparece documentada no S. XIX. Así que imos darlle unhas voltas ao seu topónimo, sen rexeitar outras hipóteses posibles á que proponemos a continuación.


BALNEARIO EN RUINAS

MONDÓN. Orónimo.

Segundo o profesor Edelmiro Bascuas existe unha raíz celta-galaica MIND-, que se correspondería coa raíz indoeuropea MEN, con significado de “elevación, monte”. Variantes de MIND-, como MOND-, MUND-, por contacto cunha consonante labial provocaría estas variacións vogálicas. 

Seguindo a vía oronímica temos outro El Mondón, que aparece como unha pequena elevación natural nos Monegros (Alto Aragón) de 328 m de altitude sobre o nivel do mar. Tamén Mondoñedo, a antiga sede de San Martiño, actual parroquia de Foz, encóntrase nun alto. E O Mundil, en Cartelle. Mondim de Basto, en Portugal, tamén presenta ese tipo de orografía. Por último, contamos con varios Mondelo, espallados por Galicia, que teñen a mesma raíz. E poderían ter un significado parecido. Habería que ver caso por caso.


BIBLIOGRAFÍA:

“Blog de Prada” https://pradaweb.blogspot.com/

“El Balneario de Mondón” https://www.albergueria.es/bmondon.htm

“Toponimia galego-portuguesa e brasileira”… https://toponimialusitana.blogspot.com/

Toponimia de Galicia… https://toponimia.xunta.gal/es/video/mondonedo

“El yacimiento de El Mondón”… https://proyectomonegros.com/mondon/

Somos Comarca… https://www.somoscomarca.es/articulo/obolo/

Blogue “Rebumbio, Remoído, Peneirado”… https://remoido.blogspot.com/

“Los fenómenos de homonimia y homofonía…” Joaquín Caridad Arias.



07 marzo 2023

OS ORXAIS, PATRIMONIO EN PERIGO

 


 ORXAIS, OS (O BOLO).

Un fitopónimo transparente, que indica a presenza de orxo ou cebada (hordeum vulgare). Unha gramínea cerealífera, de grande importancia tanto para humanos como para animais.

No último censo de 2022 contaba con tres habitantes.

O topónimo non é único pois aínda existe Orxais no concello de Quiroga e Orjaes, en Guarda (Portugal).

Últimamente ampliamos esta corta relación co nome de dúas praias, que seguramente servían para cultivar este tipo de cereal chamadas Praia do Orxo en O Grove e outra praia co mesmo nome no concello de Oroso. 


BIBLIOGRAFÍA:

Gonzalo Navaza Blanco  "Fitotoponimia Galega".

Wikipedia.

Nomenclator de Galicia.

Diccionario RAG

IA. 


ICEDO OU IZEDO (CARBALLEDA DE VALDEORRAS).



Este lugar nacería no Medievo pola documentación que manexamos. Trala Reconquista, seguramente se establecería alí unha pequena explotación agropecuaria. Sabemos que estaba próxima a Pumares, en Terras de Valdeorras pero descoñecemos en qué época e cáles foron as causas polas que desapareceu. Xa non aparece no Catastro de Ensenada (1749) nin no diccionario Madoz (1845).

O topónimo deriva da raíz latina ilice(m) máis o sufixo abundancial –etum que daría ilicetum, que vén a significar “lugar non que abundan as aciñeiras”. Podería seguir este proceso Ilicetum> iezedo>iizedo>Izedo.

Por primeira vez aparece en idioma leonés occidental no Tumbo Vello de San Pedro de Montes (1271).

Como paralelismos, consérvase o topónimo Izeda, na veciña Bragança, en Portugal. Tamén existiu outro lugar en Burgos, hoxendía despoboado, que tiña o mesmo nome  

Como remate, cómpre comentar que existe o xentilicio Icedo. Quedan poucos en territorio español e a maioría en Norte América (México).


BIBLIOGRAFÍA:

José Luis Pensado “El léxico Hispánico Occidental en el Tumbo Viejo de San Pedro de Montes”.

Wikipedia. “Cabrera (León)”.

Lexilogos.

Ricardo Ciérbede y Emiliana Ramos Los cartularios de Valpuerta...”

Ana María Cano González “Nomes de Llugar en Somiedu (Fitotoponimia)”.

Fotografía de "Valdeorras de cerca".





31 maio 2022

Ricosende - Patrimonio en perigo


Ricosende

 Hoxe descubrimos que este pequeno lugar existe e está en terras de Valdeorras. E xa se nos espertaron as gañas de coñecer algo máis. . Pertence ao concello de Carballeda, considerado "capital da pizarra".  E tan só conta con 4 habitantes. Esta vén sendo a triste realidade da "Galicia baleirada". 

Pero sigamos polo eido toponímico.  Moitas veces a homonimia nos leva a conclusións erróneas.  Así que tirando dos medios de consulta que temos á nosa man, chegamos a concluir que o devandito topónimo é de procedencia xermánica. Quizais unha  (Villam) Recosindi ou de Recesindus, nome documentado en numerosas ocasións dende o S. VIII en adiante. Nome do patrón ou propietario medieval que fundou ou dirixiu este predio.

Bibliografia:

Celtiberia.net  "Toponimia gallega de origen antroponímico".

CODOLGA

(Fotografía de Promecom).