“Seiruga (nome oficial), Ceiruga (nome que se conserva nun vello cartel) terá que ver con Queiruga?” foi o primeiro pensamento que me veu á cabeza. Quizais o seseo da zona puido obrar ese cambio. Ainda sendo un fitotopónimo, queda moi lonxe da idea orixinal. Despois de facer as consultas oportunas,parece que ten que ver con “seruga” (allium senescen), palabra do bable con significado de “dente de allo, semente de allo”, coas variantes de siruga, saruga e as formas ditongadas sairuga e seiruga. Polo que debeu ser moi abundante na zona, e sería interesante comprobar se aínda hoxe conserva esas características.
BIBLIOGRAFÍA: "Lletres Asturianes 16". Academia de la Lengua Asturiana.