10 abril 2026

Toponimia VARIA

                                                                  TOPONIMIA VARIA.
Esta sección dedicaremola a consultas ou preguntas que nos fan nas RRSS. Ou toponimos que nos pican a curiosidade.

                                                                      PONTE D'ALOTE

Información que se nos facilita.
"Alote ou Alota? Pequeno lugar, perto dunha corga onde ha unha ponte. Dai que en tempos antigos se chamasse “Ponte d'Alote". Había aquí uma quinta. E um lugar da fregresia de Sao Paio,  concelho de Melgaco. Conheco registos docimentais com pequenas variacoes da grafía tais como “Alota" ou "Lotta". 

A partir destes datos, comezamos a nosa pescuda. Empezamos a considerar A Lota, un desajuste orixinado por un falso artigo. Isto nos leva a unha lonxa,  lugar onde se subasta o peixe. Ou a forma de vender ese peixe a ollo ou  "a lote pechado". Ou ao nome dun peixe de rio chamado comúnmente así ou burbota (IA).

Achegandonos despois ao CODOLGA, non encontramos ningunha referencia documental, obvio. Polo que recurrimos ao Du Cange e a forma "Alota" responde de forma afirmativa en documento (1883-1887), derivandoa da forma "aluta". Forma latina primitiva recollida nos diccionarios de latin. Forma adxectiva na que se sobreentende "pellis" ( verosimilmente de alumen=alumbre). Que ven tendo  o significado de "de pel tratada, de coiro curtido" (específicamente coiro de alume, alumen). Du Cange tamén recolle as formas "alutarium" (lugar onde se traballa o coiro) e alutarius (artesan que traballa o coiro, badaneiro). En castelán e outras linguas romances relacionarse coas formas "aluda" (aragonés), "luda" (catalán ), "alue" (francés).
Chegados a este punto, temos que considerar que o termo "alote" vai asociado a este tipo de pontes, ao ser  feitas con cordas grosas trenzadas con fibras vexetais e/ou coiro para crear unha ponte colgante, para o paso de peons e  pequenos animais domésticos. Historicamente, mesturabanse materiais locais como cordas de fibra vexetal, lianas trenzadas e, en climas mais fríos, tiras de pel ou coiro cru para aumentar a sua resistencia e durabilidade. Este tipo de pontes, tamén chamadas colgantes ou de corda, eran cruciais en terreos de difícil acceso, onde non podían chegar vehículos de rodas ou cabalerias. Ou resultaba a forma máis tradicional e económica para salvar unha corga ou outro accidente orografico menor. E como mostrar un botón: segue a ponte resistindo ai como marca de identidad (anque xa adaptado aos tempos modernos).

                                                                           GONDULFES


Gondulfes. Parroquia e lugar de Castrelo do Val (OU).
Resulta un topónimo único en su forma, pero con varios cognados en Galicia, León e Portugal. Glndulfe hai tres: un en Lugo e outros dous en Pontevedra. Tamén temos un Vilargondurfe (Lugo). En Portugal existe Gondufo (Guarda) e Gondifelos (Braga). 
Estes toponimos se orixinan a partir do nome altomedieval Gondulfus. (Villam) *Gondulfis.  Nome xermánico citado en múltiples documentos rexistrados no Codolga dende o S.X ata o XII. Nome de un antigo posesor de alto rango pois aparece neles como testemuña ou propietario.

Bibliografia:
Codolga.
" El nombre de los antepasados". Celtiberia.net.
"Breves calas en la antroponimia germánica leonesa". Riesgo Chueca, Pascual.
Foto cedida por Estevoaei.


                                                                   VIXOI (Bergondo).

                                                                      Pazo de Trasdoval

Chamanos a atención este  sufixo en -oi. Ao que engadimos outro Vixoi(Santiago de Compostela), Servoi (Castrelo do Val), Raxoi(As Somozas, Pontecesures, A Caniza, Valga, Vedra), Mondoi (Oza-Cesuras), Filloi (Forcarei)... espallados polo territorio galego. 
Respecto a Vixoi, constatamos que aparece xa documentado no año 963 no Tombo de Celanova un tal "Vigoy Baldoiz", como testemuña no devandito documento. E noutros documentos posteriores tamén aparece outra xente con ese mesmo nome.
No S. XVIII encontramos esta cita "Pulv (is) Janis Vigonis mercurius precipitatus ruber. Cáustico para curar fístulas, úlceras, etc. en enfermedades venéreas", nun relatorio de productos farmacéuticos. Aparecendo xa utilizado como xentilicio.
E actualmente descubrimos o apelido Vigoy  en Galicia, Cataluña pirenaica e Francia (36 casos),  nunha paxina xenealoxica.
Todo iso levanos a considerar que o devandito toponimo estaria relacionado cunha (Villam) Vigonis. Nome que recibiu o lugar por un antigo propietario, posiblemente franco, xa en época medieval. 

Outras consideracións:
- Vixoi/joy: duas cimas (bis-ain). Unha proposta vasca que aparece como un " copia e pega" en diversas páxinas.  

- Derivado de visus-us, seguindo a liña de O Viso, A Vixuteira... Aplicable a un lugar que está en alto, con vistas ou que se ve moi ben.
Estando no extremo da parroquia, poderia vir de "divisionem": (de)visión, marco, fito, referencia do territorio. Nesta liña, hai un Visuña (antiga *Visonia) no Courel, na (di) visoria con León.

- Outra hipótese, que complica  máis o seu estudio, asoma nun códice do ano 1094 da diocese de Lugo, citandoa como "Boio" ("... In Terra de Nemidos sexta de Sancto Felices de Boio..."). Neste caso estaría relacionado co significado boi (bos-vis). O Boial aparece varias veces na veciña Ferrolterra. En Asturias, Boal. Nestes casos poderian estar relacionados con terreos usados para o pasto.

Concluimos que nos resulta un topónimo escuro, cun significado difícil de precisar.


BIBLIOGRAFÍA:
Diccionario Lexilogos.
Nomenclator de Galicia.
Geneanet.
Josep María Pla Dalmau e outros. "Una farmacia del Siglo XVIII".
Agradecementos aos nosos amigos Conchita Fernández López e Caperluso Carvoeira.

            
            OUTEIRO Da CORNETA

Ao fio dun aporte que realizou Ramón Brea no grupo "Toponimia da Gallaecia"... 
Outeiro da Corneta, en Rianxo (Galicia) e Monte da Corneta, en Montalegre (Portugal Norte) están separados máis de douscentos quilometros. Calquera poderia pensar que en ambos lugares algún día  perdeuse ( ou encontrouse) este instrumento musical de vento ou a un músico perdido que se dedicaba a tocar este instrumento. Unha idea máis alonxada que a distancia física entre os dous puntos. E por qué foi unha corneta e non unha trompeta ou outro instrumento musical. 
Este microtoponimo, e así o testemuñan a cantidade de topónimos que conteñen éste radical no Nomenclator, deriva da forma celta *kern-  *karn-  *korn- que moitas veces deriva en  quer- quir- cor-, etc. con significado de "Pedra, rocha", en referencia a un terreo pedregoso ou escsrpado. 
Así o topónimo Kernow (en córnico ou cornuallés ), Cornwall (en inglés), Cornualles (en español) vai conservando este radical, con pequenas variacions axeitadas aos devanditos estandares fonéticos.
Noutras linguas romances e no euskera tamén encontramos parentela con este radical . E, para rematar, veunos a memoria Cornatel, aló pendurado nun risco, sempre vixiante. E un interminable número de topónimos no territorio galego-portugués que levan esta raíz e as súas variantes.
Pero sempre haberá quen  relacione corn- coa forma latina "cornu". E ao mellor ambos etimos estean relacionados nalgun contexto determinado. Ou porque esa prominencia rochosa adquira esa forma. Tal e ocaso de Pena Corneira, na comarca do Ribeiro (Ou). 

BIBLIOGRAFIA:
Nomenclator de Galicia.
Diccionario latino Lexilogos
IA
Fotografía de Fernando Cobos Guerra.
Agradecimientos a Ramón Brea.