martes, 29 de junio de 2021

RUTA A PÉ POR SAN PEDRO DO INCIO (LUGO).

 

Saída da Cruz do Incio. Baixada en pendiente pronunciada ata a área recreativa de Saa. Pasamos polas proximidades do Pazo de Dompiñor. A área é pequena pero moi ben acondicionada, con zona de baño e pic-nic. Pasamos por Saa, con casas habitadas e ben restauradas.  Baixamos a San Pedro para ver a fervenza. Unha Niágara en pequeno. Con un arco perfecto. Parada na igrexa de San Pedro para ver algún detalle curioso. Aparentemente parece barroca. Conserva unha casa rectoral arruinada, como a maioría. Bonito cruceiro na contorna. Unha preciosa corredoira achéganos a Lamas. Ten un lavadoiro restaurado e unha pequena capela. Pero o resto do lugar está feito pó. A Dontide pásalle ídem de lo mismo. Por non ter, non ten nin cartel oficial. Hai un de factura caseira. Pero o topónimo resulta ben curioso. E xa subimos ata Hospital. Dúas horas ben aproveitadas, vendo espléndidas paisaxes e elementos etnolóxicos de grande interese.


POMBAL EN HOSPITAL DO INCIO



ÁREA RECREATIVA DE SAA










SAA














FERVENZA DE SAN PEDRO


IGREXA DE SAN PEDRO









CRUCEIRO DE SAN PEDRO











 


viernes, 18 de junio de 2021

OLEIROS E AS SÚAS PARROQUIAS


 

SERANTES. SAN XIÁN.

Resulta un xenitivo en –nte, de raíz incerta. Para Iiro Kajanto parece formado sobre o cognome latino Serus. Hipótese pouco probable pois este topónimo  localízase a eito en dez concellos distintos galegos e cinco de Asturias. Sería moita familia a de Serus para tan estenso territorio. 

Tamén podería derivar do participio  do verbo latino sero -as -are, de onde vén *serar >>  cerrar, zarrar. Seguindo a liña de serao/ serán. O seu significado podería estar relacionado coa forma de orientación: Serante(s) = Occidente, Poente. 

Outra hipótese sería que derivase do verbo latino * sero, -is, -ere, sevi, satum, que significa “sembrar” . Tráenos un agradable cheiro a “terras propicias para a sembra, para o cultivo”. Que non desentona para nada coa tipoloxía destas terras. 

Pero unha nova vía ábrese nos últimos tempos. A forma Sarantes  aparece documentada en múltiples ocasións dende o  S. XI en todo o territorio galaico Resulta bastante común encontrar este tipo de vacilación ou alternancia vocálica, producto das características fonéticas do galego. Que nos leva a pensar na  raiz indoeuropea “sher”, que significa “auga que corre” , aplicable a lugares con abundancia de augas, río, lago, charcas, etc. Temos en Galicia exemplos de hidrónimos con estas raíces, coma son os dos ríos Sar, Sor e Sarela. E a verdade é que á nosa parroquia sóbralle auga, cos seus ríos, lagoa e mar que a rodean por todas partes.


BIBLIOGRAFÍA:

Diversos foros:

https://www.facebook.com/toponimia da gallaecia/

https://www.celtiberia.net/

http://seron.tv/

https://foros.xenealoxia.org/

Santurtzi Historian Zehar, "Etimología del topónimo Serantes".

Xosé Lluis García Arias, "Toponimia Asturiana".

Agradecementos a Conchita Fernández López.