Meaba resulta un ser un orotopónimo composto polos termos "meá" e "aba".
Meá deriva do adxectivo latino "medianus-um", con significado de "a que é do medio, a que está no medio".
Seguindo esta evolución lingüística mediana=meana=meaa=meá.
Tocante a "aba" vén do arameu aba, con significado "sopé ou ladeira dun monte ou montaña" (Diccionario Estraviz).
Os dous termos se fusionan por un proceso de sinalefa fonética resultando este topónimo tan curioso y que de primeiras nos pode provocar risa.
Polo que, despois de barallar outras hipóteses, concluimos
que viría de A Media Aba, a media ladeira, cousa que coincide moi ben coa súa situación xeográfica.
Autoría : Carlos Prieto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario