Saíndo de terras sorianas pola N 234, camiño de Salas de los
Infantes, para o nosa sorpresa aparece o letreiro “La Gallega”. A estrada pica
cara arriba por terras parameriras e, ao chegar ao cimo, a máis de mil metros
de altitude, asoma outro letreiro, “Alto de la Gallega”. A nosa cabeza xa
empeza a rebulir, tratando de buscar resposta a esta “gallega”. Quen sería
esta galega que caeu por aquí, como
chegaría a estas terras silandeiras, etc ? Estamos acostumados a ver topónimos
relacionados con posesores ou administradores de terras ou granxas medievais,
derivados de nomes xermánicos. Pois non. Este topónimo aparece recollido no
cartulario, no ano 1211, ao documentarse unha alberguería de nome “El Gallego”.
E poucos anos depois, en 1217, aparece xa como “Sancti Micaelis de Gallego”, no
Camiño Soriano-Aragonés da Rota Xacobea. Non sabemos as causas do cambio de
xénero do topónimo, pero aí queda retratada esta pequena poboación burgalesa. Actualmente
conta con 44 habitantes, que reciben o nome de “galleganos”. Dedícanse ao
turismo,polas súa condicións naturais, deixando o pastoreo tradicional que
practicaban os seus devanceiros.
toponimiacuriosa
BIBLIOGRAFÍA:
Wikipedia.org
Brujulea.net
Fotografía de la Diputación de Burgos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario