07 marzo 2023

OS ORXAIS, PATRIMONIO EN PERIGO

 


 ORXAIS, OS (O BOLO).

Un fitopónimo transparente, que indica a presenza de orxo ou cebada (hordeum vulgare). Unha gramínea cerealífera, de grande importancia tanto para humanos como para animais.

No último censo de 2022 contaba con tres habitantes.

O topónimo non é único pois aínda existe Orxais no concello de Quiroga e Orjaes, en Guarda (Portugal).


BIBLIOGRAFÍA:

Gonzalo Navaza Blanco  "Fitotoponimia Galega".

Wikipedia.

Nomenclator de Galicia.

Diccionario RAG


ICEDO OU IZEDO (CARBALLEDA DE VALDEORRAS).



Este lugar nacería no Medievo pola documentación que manexamos. Trala Reconquista, seguramente se establecería alí unha pequena explotación agropecuaria. Sabemos que estaba próxima a Pumares, en Terras de Valdeorras pero descoñecemos en qué época e cáles foron as causas polas que desapareceu. Xa non aparece no Catastro de Ensenada (1749) nin no diccionario Madoz (1845).

O topónimo deriva da raíz latina ilice(m) máis o sufixo abundancial –etum que daría ilicetum, que vén a significar “lugar non que abundan as aciñeiras”. Podería seguir este proceso Ilicetum> iezedo>iizedo>Izedo.

Por primeira vez aparece en idioma leonés occidental no Tumbo Vello de San Pedro de Montes (1271).

Como paralelismos, consérvase o topónimo Izeda, na veciña Bragança, en Portugal. Tamén existiu outro lugar en Burgos, hoxendía despoboado, que tiña o mesmo nome  

Como remate, cómpre comentar que existe o xentilicio Icedo. Quedan poucos en territorio español e a maioría en Norte América (México).


BIBLIOGRAFÍA:

José Luis Pensado “El léxico Hispánico Occidental en el Tumbo Viejo de San Pedro de Montes”.

Wikipedia. “Cabrera (León)”.

Lexilogos.

Ricardo Ciérbede y Emiliana Ramos Los cartularios de Valpuerta...”

Ana María Cano González “Nomes de Llugar en Somiedu (Fitotoponimia)”.

Fotografía de "Valdeorras de cerca".