16 febreiro 2025

VALDÍN (O BOLO).



 VALDÍN 



*(Villam) *Baltarii, de Baltarius. Nome de posesor dunha *villa Baltarii, antiga granxa agrÍcola-gandeira dun propietario chamado Baltarius.

Este antropónimo, de orixe xermánica, aparece documentado desde a Alta Idale Media, “Balterius comes” (ano 572) nun pergameo de Braga. Tamén se rexistra no S. VIII coa forma Baltarius (714, Tombo de Caaveiro) e coa forma Balterio no século IX (Dip Astur). Asimesmo no ano 883, no cartulario de Arouca, tamén se recolle coa forma Balterio “in Dei nomine ego Balterio et uxor mea nomine Ogenia”. Desde o século XI aparece, a partir do xenitivo, o seu uso toponímico (1059, “uilla Baltar, Cartulario de Guimaraes), (1022, “Sancti Felicis de Baltar”, Tombo de Lourenzá).

Deste nome tamén derivará o topónimo Baltar, espallado por territorio da antiga Gallaecia. Dous en Galicia e cinco en Portugal.


BIBLIOGRAFÍA:

“Toponimia Gallega de Origen AntroponÍmico” Celtiberia.net.

Asociación Galega de Onomástica

“El asturiano-leonés: aspectos linguísticos, sociolinguísticos y legislación”. Héctor García Gil.

TopGalPor

CODOLGA

Fotografía de José Fernández Pérez.








11 febreiro 2025

VALDEORRAS BALEIRADA

REPORICELO

Reporicelo


Reporicelo foi lugar do concello valdeorrés de Rubiá. O nome trasládanos a un lugar remoto e, tristemente, lonxano na memoria. Hoxe queremos darlle unha nova vida e sacalo do baúl do esquecemento. A aldea leva abandonada dende hai anos e hoxendía semella convertida nunha guarida de bichos. Alguén dirá que a natureza recupera o que é de seu, pero eu penso tristemente nas voces ausentes que aquí viviron e nos soños daquelas xentes que nunca chegaron a cumplirse. Ata que o noso estimado premio nöbel Camilo José Cela acabou por inmortalizalo na súa novela “Mazurca para dos muertos” facendo nacer a Lódola, a súa protagonista, en Reporicelo.
Tocante ao topónimo, non temos documentación nin paralelismos, así que todo o baseamos en dúas hipótesis.
A primeira, que podería derivar de “reparar” con significado de vixiar. Reparicelo/*reparicela =posto de vixiancia. Insistindo nesta liña, Cabeza Quiles, na súa obra “Toponimia de Galicia”, apunta que podería provir do francés “bord”, con significado de borde no sentido de caixa orográfica. Ao xuntarse bruscamente un terreo moi chan co comezo dunha elevación de terreo. ¿Reparada, en Vimianzo, entraría no mesmo lote?
Outra hipótese é que puidese derivar de robur/rebor (quercus robur), co sufixo de diminutivo -elo viría a significar o mesmo que O Carballiño. Estaría en relación con Rebordáns, Rebordelo, Rebordechao…e variantes.

BIBLIOGRAFÍA:

Fernando Cabeza Quiles “Toponimia de Galicia".
A. Castro Voces “Reporicelo y Camilo José Cela”.
(Fotograma dun vídeo de Alberto Gallego).



VILABRIL
Vilabril


Esta semana querémosvos contar que no Barco, terra que me viu nacer, houbo un lugar chamado Vilabril. Descubrino un día falando co noso bo amigo Manolo, "O Pavero", comentou que "tiña que ir todos os días á horta de Villabril". E isto avivou a nosa curiosidade. Non dimos encontrado o lugar porque xa non existe na actualidade nin fotos do seu pasado, pero ainda queda como lembranza a "Rúa Villabril". E algún establecemento comercial ubicado na devandita rúa. Con estes datos, ubicaríamolo próximo a Viloira.
Por iso, hoxe facemos resucitar este pequeno lugar, posiblemente habitado dende época medieval, polas referencias documentais, ata a súa desaparición. Á beira do Sil, tiña un clima benigno e unhas terras de grande calidade, propicias para o desenvolmento agrícola. Pasado o tempo, só contaba con catro veciños no Catastro da Ensenada (1752). E xa non aparece citada no Diccionario de Madoz (mediados S. XIX).
Podería derivar de “Uilla Aprilii”, antigo posesor de orixe latina chamado Aprilius ou de “Uilla Berildi”, nome Berildius, antropónimo de orixe xermánica. Confirmanos Xosé González que existe outra cita “Villare Berilli” nun pergameo mindoniense do S. X, aplicable a Vilabril das Negradas, no concello de Mañón. Polo que viria a confirmar que o nome deriva dese último antropónimo, antigo propietario ou administrador dese predio.
Tocante ao xentilicio, xa aparece documentado a principios do S. XIII. E actualmente a maior concentración de persoas con este apelido encóntrase na provincia de Pontevedra e por qué será que os ourensáns con ese apelido están no Barco.
Como remate, hai unha lenda que indica que o lugar foi abandoado por mor dunha praga de formigas moi voraces, que o comían todo. Seguramente a praga sería de termitas, como ten acontecido noutros lugares, segundo temos constancia.

BIBLIOGRAFÍA

Xosé González "Apuntes sobre a microtoponimia do Concello de Vicedo".
Foto de "Somos Comarca".


NOSTÍN

Fotografía da igrexa de San Miguel de Xagoaza
(Fotografía da igrexa de San Miguel de Xagoaza).

O lugar estaría ubicado nas proximidades de Xagoaza. O seu nome podería derivar do nome de familia latino Nostius,sendo a forma do xenitivo Nostii ou Nosti. Quizás en alusión ao antigo propietario ou representante dunha pequena explotación agro-pecuaria. O nome L. Nostius Zoilus xa aparece citado nunha epístola que envía Cicerón a varios dos seus coñecidos.
Nostín aparece documentado no Tombo de Samos (ano 1175). Tamén, segundo este documento, estaría ubicado en terras de Valdeorras (“In Iorres”), quizáis na contorna de Arcos-Xagoaza.
Aparecen os seus cognados nas terras de Bearn (Pirineos Atlánticos-Francia). En lingua occitana mantense a forma Nostin, mentras en francés nomearíase Nousty. E existe outro Nostim, en Peso da Régua (Portugal).
Hai outra teoría, defendida por Joseph M. Piel, que relaciona os topónimos galegos Nouche, Nostián e o portugués Nostim co nome do bispo Nausto de Coimbra (867-912).
En todo caso, o lugar desapareceu hai bastantes anos pois non queda rexistrado nin no Catastro da Ensenada nin no Diccionario Madoz. Así que calquera información ou aporte sería moi interesante para darlle unha nova vida a esta parte da nosa “Galicia Baleirada”.

BIBLIOGRAFÍA:

Gaffiot, Diccionario Ilustrado Latín-Francés.
Piel, Joseph M. “A propósito do nome do bispo Nausto de Coimbra”
Keith Bradley “Esclavitud y sociedad en Roma”
Wikideck.
CODOLGA.


 ICEDO



Icedo estaría na contorna de Pumares(Carballeda de Valdeorras). Este lugar nacería no Medievo pola documentación que manexamos. Trala Reconquista, seguramente se establecería alí unha pequena explotación agropecuaria. Sabemos que estaba próxima a Pumares, en Terras de Valdeorras pero descoñecemos en qué época e cáles foron as causas polas que desapareceu. Xa non aparece no Catastro de Ensenada (1749) nin no diccionario Madoz (1845).

O topónimo deriva da raíz latina ilice(m) máis o sufixo abundancial –etum que daría ilicetum, que vén a significar “lugar non que abundan as aciñeiras”. Podería seguir este proceso Ilicetum> iezedo>iizedo>Izedo.

Por primeira vez aparece en idioma leonés occidental no Tumbo Vello de San Pedro de Montes (1271).

Como paralelismos, consérvase o topónimo Izeda, na veciña Bragança, en Portugal. E tamén existiu outro lugar co mesmo nome , en Burgos , hoxendía despoboado,  . 

Como remate, cómpre comentar que existe o xentilicio Icedo. Quedan poucos en territorio español e a maioría en Norte América (México).


BIBLIOGRAFÍA:

José Luis Pensado “El léxico Hispánico Occidental en el Tumbo Viejo de San Pedro de Montes”.

Wikipedia. “Cabrera (León)”.

Lexilogos.

Ana María Cano González “Nomes de Llugar en Somiedu (Fitotoponimia)”.

Ricardo Ciérbede y Emiliana Ramos Los cartularios de Valpuerta...”

Foto de “Valdeorras de cerca”.



04 febreiro 2025

ICEDO OU IZEDO (CARBALLEDA DE VALDEORRAS).

 ICEDO.

 


Este lugar nacería no Medievo pola documentación que manexamos. Trala Reconquista, seguramente se establecería alí unha pequena explotación agropecuaria. Sabemos que estaba próxima a Pumares, en Terras de Valdeorras pero descoñecemos en qué época e cáles foron as causas polas que desapareceu. Xa non aparece no Catastro de Ensenada (1749) nin no diccionario Madoz (1845).

O topónimo deriva da raíz latina ilice(m) máis o sufixo abundancial –etum que daría ilicetum, que vén a significar “lugar non que abundan as aciñeiras”. Podería seguir este proceso Ilicetum> iezedo>iizedo>Izedo.

Por primeira vez aparece en idioma leonés occidental no Tumbo Vello de San Pedro de Montes (1271).

Como paralelismos, consérvase o topónimo Izeda, na veciña Bragança, en Portugal. E tamén existiu outro lugar co mesmo nome , en Burgos , hoxendía despoboado,  . 

Como remate, cómpre comentar que existe o xentilicio Icedo. Quedan poucos en territorio español e a maioría en Norte América (México).


BIBLIOGRAFÍA:

José Luis Pensado “El léxico Hispánico Occidental en el Tumbo Viejo de San Pedro de Montes”.

Wikipedia. “Cabrera (León)”.

Lexilogos.

Ana María Cano González “Nomes de Llugar en Somiedu (Fitotoponimia)”.

Ricardo Ciérbede y Emiliana Ramos Los cartularios de Valpuerta...”

Foto de “Valdeorras de cerca”.


03 febreiro 2025

TOPÓNIMOS CURIOSOS (DE DIFÍCIL INTERPRETACIÓN).

CACHARREQUILLE (MONTEDERRAMO).

          Topónimo compuesto por Cacha+Requille.

O primeiro termo cacha/escacha, aparece recollido co significado de “romper a terra, comezar a cultivala”. Esta práctica altomedieval, de ocupación de terreos incultos, que recibía o nome de escalido/squalido sería a base para a formación da palabra escachar, tan estendida no territorio galego-portugués. Podría derivar del latín Scalpo-scalpere”, con significado de rascar, raspar, escarbar”, segundo Cicerón.

Tocante o segundo nome, parece documentado “Valderriquia”, en 1258, asimesmo nas terras de Montederramo. Derivado, na súa forma de acusativo, do nome xermánico Riquila/Riquilda, daquela nome moi estendido. Sendo amén nome de reis, raíñas e princesas.

Aparecen de cote esas cavadas ou arroteas, e as súas variantes, acompañadas dun referente, que soe ser o nome do propietario ou outro elemento físico próximo, como Cachalvite (arrotea de Alvitus), Cachaldora (arrotea de Alduara), Cachamaría, Cachamuíña, etc.


BIBLIOGRAFÍA:

Wikipedia.

Lexilogos Latín

Diccionario Estraviz

Celtiberia.net

Arqueotoponimia.blogspot.com. Dolores González.

“El artificio de as etimologías; elementos constitutivos de toponimia galega”. Ana Boullón.

“Fitoponimia Galega”. Gonzalo Navaza.  


         ARDEXARXE (VIANA DO BOLO).

Ardexarxe (Viana do Bolo).

Gonzalo Navaza considera a primera parte deste topónimo como un caso de rotacismo, alteración ou cambio de algún fonema. Continuando coa sua teoría, debería seguir a estructura As+de+sustantivo. Polo tanto viria a ser As de Xarxes. 

O segundo termo para nos sería unha forma do fitotopónimo xarxa ou sarxa. Pranta medicinal, presente en calquera botica medieval, que correspondería a chamada "salvia officianalis".

Todo o conxunto viria a significar "As das xarxas". Temos outros referentes similares en Ardexuxo, Ardevila. 

Como nota, apuntamos que esta palabra xarxa tamén aparece en portugués  e catalán co significado de rede. Polo que poderia significar "As das redes".

BIBLIOGRAFIA

Wikipedia.

Diccionario RAG e Estraviz.

Diccionario Portugués.

Xose Manuel Sánchez Rei. "Os nomes de lugar e dialectoloxía..."