SUAR
.
Os primeiros documentos dos que dispoñemos fan referencia ao nome Soar (14 documentos de 1100 a 1268). Mentras a forma Suar só aparece documentada nuha ocasión, en 1249. A forma primixenia solarem<soar<suar foi evoluíndo ata a actual por procesos fonéticos suficientemente estudados.
A seguinte pregunta, ¿cál foi a motivación da escolla do topónimo? Supoñemos que, ao inicio, no lugar habería un solar, lugar fundado por un persoeiro nobre ou ben coñecido que tería xurisdicción coas súas leis, costumes e respectivos foros. Sistema institucionalizado no medioevo.
Consultado o Nomenclator, vemos que, ademáis da devandita parroquia e lugar de Paradela, tamén existe outro homónimo, un lugar de Antas de Ulla.
Son tamén da mesma familia léxica os xentilicios Soares, que conserva o étimo primixenio, Suárez, Sueiro e a súa variante medieval Sueyro. Suario tamén tería que ver neste feixe de nomes, pero queda para outra quenda.
Bibliografía:
Codolga.
Du Cange.
Joaquim de Santa Rosa de Viterbo "Elucidario das palavras".
Antonio de Moráis Silva "Diccionario da Lingua Portugueza".
Dolores González de la Peña. "Arqueotoponimia".
Fotografía tirada das RRSS.