12 maio 2025

Corexido. A Veiga (OU)

Corexido. A Veiga (OU)

Calquera poderia imaxiar que derivase do nome "cor", por aquilo da tentadora homonimia. Tamén podería relacionarse coa raíz céltica cor-/car- co significado de algo duro, escarpado, incluso co significado de rocha ou pena,como nos casos de Coruxo, Corexo… Pero a isto sempre hai que darlle moitas voltas. De primeiras xa nos tira abaixo esa idea inicial que no ano 1123 aparece documentado "Curugido". Por tanto, terá que ver con curuxa? Moitas variantes aparecen no Nomenclator: A Curuxeira/s, Curuxeiro, Curuxal, Curuxás, Curuxido...

Cál sería o causante deste topónimo? Poderia ser un lugar caracterizado pola abundancia dese tipo de aves? Ou por ser un lugar afastado, agachado por quedar oculto polo relevo ou vexetación. Ou quizáis por ser de acceso difícil. Acéptanse suxestións.



BIBLIOGRAFÍA:

Nomeclator de Galicia.

Codolga.

Google.

Google Lens.

Celtiberia.net.

Concello de Vigo. "Toponimia de Valadares".

(Fotografía de "Xentedeaveiga").