Sabrosa. Vila portuguesa pertencente ao distrito de Vila Real. Tras-Os-Montes.
Calquera persoa podería pensar que se trata de algo delicioso, grato ao sentido do gusto, de tratarse dunha comida. Ou neste caso un locus amoenus, lugar idílico, agradable para vivir. Buscando parentescos toponímicos próximos, lembramos Sobreira/s, Sobreiral... O cambio vocálico é unha práctica moi estendida no eido da toponimia. Por tanto, podería ser unha terra na que abundasen as sobreiras (quercus suber). Pero quizáis a hipótese que máis nos convence é que este topónimo derive de saibro, chámase así en portugués á terra areosa, formada pola descomposición do granito, que se emprega na construcción. Saibrosa sería unha terra onde abundase/abunda o saibro. Igual que Sebrosa/s, Sebrosinho, Sobroso. Asimesmo Punta del Sable ou Cuevas Jable, en Tenerife reafírmanos na idea que todas son formas derivadas do latin "sabulo-nis". Que en portugués daría o vocablo saibro, e en galego sábrego ou xabre.
Bibliografia:
Diccionario Infomedia.
Diccionario RAG.
Diccionario latino Lexilogos.
Fotografia de Antonio Soares